Noa Migal

Diplomada en Maxisterio de Educación Musical pola USC.


Xa dende moi nova comezou a súa formación en música e baile tradicional formando parte do grupo da súa vila Azougue (1994-2007), uníndose anos máis tarde aos grupos Xacarandaina (2003-2007) e Donaire (2014-2015) cos mestres Elena Díaz, Enrique Peón e Olga Kirk.

Ampliou a súa formación no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín e na Central Folque de Santiago de Compostela nos ámbitos de canto tradicional e técnica
vocal coa mestra Guadi Galego e en percusión tradicional co mestre Chuco Estévez (2006-2009).


Ó longo da súa formación realizou cursos en escolas como a Tradescola (con Xosé Lois
Romero) , cursos organizados pola asociación Cántigas e Frores (con Xurxo Fernándes
e Miguel Anxo López Buján) e curso de canto e pandeireta con Xabier Díaz.


Actualmente é compoñente do grupo Xosé Lois Romero e Aliboria e adícase á docencia
en diversas asociacións culturais dando clase de pandeireta canto e baile tradicional.