Tradi na rede

Escola virtual para achegarse ao mundo da música e baile tradicional.

En abril de 2020 preséntase tradi na rede, unha proposta de tres mestres de baile e música tradicional para a divulgación de coñecementos de maneira virtual.

Os contidos estarán aloxados na plataforma Patreon. A primeira fase inclúe cursos de iniciación a tres especialidades: baile, gaita e pandeireta, así como obradoiros que se publicarán nas vindeiras semanas.

Estes cursos terán vídeos semanais con material adicional que completará a aprendizaxe dende a casa, así como contidos xerais para toda a escola.

O plantel profesional de TRADI NA REDE tamén está á disposición de persoas, asociacións, centros ou grupos informais que desexen realizar clases virtuais en directo.