Antonio Prado

Bailador e percusionista. Nado na Coruña, leva dende os 4 anos introducido no folclore tradicional galego.


Forma parte do grupo de baile Donaire é compoñente de Xosé Lois Romero & Aliboria. Actualmente é profesor de baile na Asociación Cultural Donaire, Escola Municipal de Música e Baile Tradicional de Mesía e outras escolas da Coruña, actividades que compaxina coa aprendizaxe de luthería de corda clásica.


Gañador de diversos premios coma o Martín Códax da Música Galega 2018 na categoría folk con Aliboria ou concursos de baile e música coma Azaloira, Xacarandaina, Malveiras, O Grove, Tequexetéldere, Padrón, Sta. María de Torás…

Ten impartido cursos no Centro Galego de Donosti, Sociedade Galega Sementeira de Basel (Suíza) ou ACBG de Barcelona.

Asistíu a dúcias de cursos con grandes referencias de baile e música, e ten colaborado ou gravado con artistas como Kepa Junkera, Berrogüetto, Samarúas, Os Viqueiras, Fernando Barroso ou Moura.